Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Pedagoxía

Pedagoxía
Coñeces como traballamos por unha educación inclusiva?

O servizo de Pedagoxía desenvólvese no noso Centro de Educación Especial, onde recibimos diariamente a nenos e nenas con parálise cerebral con idades comprendidas entre os 3 e os 21 anos (algúns con escolarización completa e outros con escolarización combinada con centros educativos ordinarios).


O noso traballo céntrase en proporcionarlles unha atención educativa especializada e individualizada en aulas de entre 4 e 6 alumnos, respondendo as súas necesidades de apoio e ás das súas familias.

 

 

Todas as actividades e saídas que realizamos viran ao redor de cinco áreas:

- Sensoriomotriz: facilitámoslles aos nen@s o maior número de vivencias posible mediante a experimentación sensorial e a motricidade. Traballamos con diferentes materiais para que experimenten con cores e texturas, ademais de estimular outros sentidos como o olfacto, o gusto e o oído.

 

- Coñecemento e adaptación ao medio: posibilitamos o achegamento dos pequenos á súa contorna, facilitando a convivencia cos seus compañeiros a través de xogos que favorecen o seu desenvolvemento persoal e as súas relacións coa familia, amigos...

 

- Comunicación e linguaxe: a linguaxe pode ser oral, por sinalamento ou por calquera modo de comunicación alternativa que podamos ofrecer. Prestamos moita atención ao rostro dos nenos e nenas, aos seus ollos... porque eles poden falarnos moitas veces a través da súa mirada, os seus xestos... e indicarnos como están a recibir as mensaxes.

 

- Lóxico-Matemática: traballamos para crear habilidades e relacionar os números, os símbolos e as expresións matemáticas, coa intención de que os alumnos trasladen estas nocións á súa vida cotiá.

 

- Artística: transmitimos que a arte e a expresión artística está ao alcance de todos. Unha cor, un garabato, unha combinación de cores, formas, unhas palmadas, golpear cos seus pés... e o único que facemos é facilitarlles todas aquelas ferramentas que necesiten.

 

O que buscamos nas aulas do noso colexio é proporcionarlles aos nenos e nenas un espazo de aprendizaxe no que atopen todos os apoios que necesiten, estar ao seu lado para que poidan ter numerosas experiencias e aprender valores que lles permitan acadar a súa máxima participación en todos os ámbitos da vida.

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia