Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

C.F.P.D.

C.F.P.D.
O primeiro centro de España adicado a previr a dependencia

O Centro de Formación para a Prevención da Dependencia é un proxecto que permite que persoas con parálise cerebral poidan adestrarse no manexo dos dispositivos tecnolóxicos máis avanzados desde as idades máis temperás ata a idade adulta para poder previr a súa dependencia futura e fomentar así a súa autonomía persoal.

 

Esta innovadora iniciativa, posta en marcha coa colaboración da Fundación Amancio Ortega, está formada por tres espazos (equipados por B&J Adaptaciones, empresa que recibiu o Premio Reina Sofía 2014 de Tecnoloxías da Accesibilidade):

 

- Contorna interactiva no Centro Educativo: lousas interactivas, computadores, controladores de mirada, proxectores, software deseñado para persoas con dificultades motoras, etc., co que se traballa a estimulación sensorial dos máis pequenos e favorécese a súa participación en actividades de grupo.


- Vivenda domotizada na Residencia I: piso domotizado para o adestramento dos usuarios adultos no uso da tecnoloxía para o fogar aplicada ás súas necesidades. A vivenda, de 56 metros cadrados, ten o mesmo esquema que unha vivenda común (cociña, salón, domitorio e aseo), onde unha persoa con parálise cerebral pode utilizar electrodomésticos adaptados, sistemas de control remoto da contorna (persianas, luces, portas), baño accesible e cama motorizada, entre outros sistemas electrónicos.

 

- Local social no Centro de Día: é a última fase do proxecto, onde as persoas con parálise cerebral poden aproveitar este lugar de encontro para recibir a visitas, familias, traballadores e calquera persoa externa á asociación. Neste espazo, adestran as súas habilidades sociais e poden aprender tarefas como preparar e servir cafés, facer pedidos, preparar petiscos… A actividade que aquí se desenvolve conta coa colaboración da Fundación AXA.

 


Este centro é o único existente en España no que se recorra ás novas tecnoloxías para facer un adestramento global das persoas con parálise cerebral desde que son nenos, e coas que axudamos a cumprir desexos e xestos para algúns tan cotiáns como soprar unha vela de aniversario, elixir o programa de televisión, apagar a luz cando vas durmir… por un mesmo e sen necesitar a axuda doutra persoa.

 

Queres vir coñecer este proxecto ou a nosa asociación? Ponte en contacto connosco

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia