Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Plan de igualdade

ASPACE Coruña asinou en maio de 2022 o seu I Plan de igualdade, froito do compromiso da Xunta Directiva, a Xerencia e de toda a asociación co respecto e a igualdade entre todas as persoas, garantindo que cada unha das mulleres e homes da empresa teñan as mesmas oportunidades.

Por iso este plan é un plan transversal, preventivo e co diálogo como principio e parte co obxecto de avanzar na consecución dos fitos establecidos a través das medidas orientadas a alcanzar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

O noso obxectivo con este plan é seguir creando un mellor día a día para a maioría das persoas, converternos en exemplo doutras entidades do terceiro sector social e ser axentes de cambio. Desde ASPACE Coruña queremos ser un referente para a sociedade e concienciar sobre a necesidade de avanzar neste sentido.

Podes consultar o plan no noso apartado de documentos ou facendo clic aquí.

 
      Imprimir
         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia