Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Por que ser soci@?

 

Sabías que 1 de cada 500 persoas en España ten parálise cerebral? E que en Galicia o colectivo agrupa máis de 5.000 persoas? Pode que aínda non as coñezas, pero eles e elas necesitan do teu apoio.

 

Facerte soci@ protector de ASPACE Coruña só che trae cousas boas porque:

  • Axudas de forma regular a unha entidade sen ánimo de lucro como a nosa para que poidamos ofrecer servizos e tratamentos beneficiosos para as persoas con parálise cerebral
  • Contribúes a difundir a nosa causa, que é mellorar a calidade de vida destas persoas e as súas familias
  • Obtés beneficios fiscais: a túa achega desgrávase na túa declaración da renda. E coa modificación da lei fiscal, podes achegar máis sen que che custe máis

 

Tras a publicación do RD Lei 6/2023, de medidas urxentes en materia de mecenado, desde o 1 de xaneiro de 2024 hai importantes novidades e beneficios para socios e doantes:

 

  • PERSOAS FÍSICAS:

- A base da doazón sobre a que se pode deducir o 80% increméntase de 150 a 250 euros. O exceso sobre 250 euros dará dereito a unha dedución do 40%, fronte ao 35% actual.

 

  • PERSOAS XURÍDICAS:

- As deducións no Imposto de Sociedades pasan do 35% ao 40%.
- Amplíase o límite de dedución no Imposto de Sociedades, pasando a ser un 15% da base impoñible, fronte ao 10% que se aplicaba antes.


Ademais, tanto para particulares como para empresas, redúcense de 4 a 3 anos os exercicios nos que un doante ou colaborador debe realizar donativos á mesma entidade para acceder a maiores porcentaxes de dedución (o 45% no caso das persoas físicas e o 50% nas persoas xurídicas).
 

Non o dubides, PERSOAS COMA TI FANO POSIBLE!

      Imprimir
         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia