Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Noticias 

© ASPACE Coruña | 04/03/2021 | Actividade de ASPACE Coruña con AMI para percorrer a cidade de A Coruña por etapas.

Un grupo de ASPACE Coruña percorrerá a cidade de A Coruña por etapas

Farán esta actividade coa Agrupación de Montañeiros Independentes (AMI) e un total de 50 kilómetros nun mes

04/03/2021 | A Coruña

Practicar deporte non entende de barreiras e unha mostra é a nova aventura que emprenderon seis persoas con parálise cerebral de ASPACE Coruña, que comezaron unha actividade coa Agrupación de Montañeiros Independentes (AMI) para percorrer a cidade da Coruña por etapas.

O obxectivo é facer un percorrido de 50 quilómetros por todas as zonas da cidade e que tamén sexan accesibles para persoas que utilicen cadeiras de rodas.

Na primeira xornada, os participantes xa fixeron os seus primeiros 10 quilómetros na contorna da Torre de Hércules e Paseo Marítimo, e todos os participantes, do Servizo Residencial, gozaron ao grande porque por primeira vez desde esta semana recuperaron as saídas, tras máis de seis meses sen cruzar as portas da asociación para gozar do lecer ao aire libre como medida de prevención pola situación sanitaria.

 

Arquivada en:
A Asociación > Persoas usuarias
Centros e Servicios > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > OUTROS SERVIZOS > Ocio e voluntariado

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia