Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Noticias 

© Foto cedida por Abegondo | 27/11/2020 | Acto do servizo de Atención Temperá de Abegondo, Bergondo e Carral que executa ASPACE Coruña

Gran satisfacción das familias coa Atención Temperá de ASPACE Coruña en Abegondo, Bergondo e Carral

Ests servizo que puxeron en marcha estes tres concellos prevé prolongarse un ano máis con máis horas de logopedia

27/11/2020

O servizo de Atención Temperá conxunta dos Concellos de Abegondo, Carral e Bergondo e que desenvolve o equipo de profesionais de Atención Temperá de ASPACE Coruña recibiu unha alta valoración por parte das familias destes concellos que levan aos seus fillos/ as a este servizo.

Así o declararon esta mañá nun acto público os tres alcaldes: de Abegondo, José Antonio Santiso, de Bergondo, Alejandra Pérez, e de Carral, Javier Gestal, acompañados do persoal técnico municipal encargado; e da Directora Xerente de ASPACE Coruña, Sonia Ruiz, e o persoal da entidade que executa o servizo.

Os responsables municipais ensalzaron o traballo realizado e a profesionalidade dos técnicos de ASPACE Coruña e declararon que ampliarán un ano máis este servizo conxunto de Atención Temperá ante os bos resultados obtidos no seu primeiro ano de vida, e que se ampliará o servizo de logopedia, que demandan o 80% das persoas usuarias. Para iso, os  Concellos buscarán a colaboración económica da Xunta, que xa este ano financiou o 90% do servizo.

Nesta primeira andaina, a iniciativa contou con 42 persoas usuarias procedentes dos tres municipios: 27 de Carral, 10 de Abegondo e 5 de Bergondo. Desenvolveron unha ampla variedade de dinámicas para traballar as diferentes necesidades de cada un.
 

Arquivada en:
Centros e Servicios > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > CENTROS > Atención Temperá

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia