Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Noticias 

© ASPACE Coruña | 03/03/2022 | Entrega de produtos de apoio elaborados con impresión en 3D do proxecto entre ASPACE Coruña e o IES As Mariñas.

ASPACE Coruña e o IES As Mariñas, unidos nun proxecto para crear productos de apoio con impresión 3D

Adaptacións do enxoval para a comida, prolongadores de freos da cadeira de rodas ou adaptacións para pintar coa boca, son algunhas das solucións innovadoras creadas para as persoas con parálise cerebral da asociación

03/03/2022 | Sada

A José Manuel sempre lle gustou pintar. Pero pola súa parálise cerebral ten moitas dificultades para poder realizar esta actividade. Polo menos ata o de agora, porque desde hoxe conta cunha adaptación específica para poder facer unha das cousas que máis lle gustan.

A adaptación de José Manuel é resultado dun proxecto que ASPACE Coruña realizou co IES As Mariñas de Betanzos como parte da iniciativa “Deseño e impresión de produtos de  apoio en impresión 3D para  persoas con  parálise cerebral” premiado pola Consellería de Cultura, Educación e  Universidade dentro da convocatoria FP Innova.

Ao longo destes meses de curso escolar un total de 39 alumnos (do Ciclo Superior de Sistemas  Electrotécnicos e automatizados, do ciclo de Instalacións eléctricas e automáticas e do ciclo de Mantemento de vehículos) e profesorado de IES As Mariñas traballaron na elaboración de produtos de apoio en colaboración cos técnicos e persoas con parálise cerebral de ASPACE Coruña. Os produtos de apoio foron  testados na asociación co obxectivo de integralos no día a día e responder as necesidades específicas das persoas con parálise cerebral, algo que axudará a mellorar a súa calidade de vida.

Entre os produtos de apoio elaborados atópanse solucións innovadoras como adaptacións de enxoval para a comida, selos adaptados para estampaxe,  prolongadores específicos para freos de cadeira de rodas, adaptacións específicas para que as persoas con mobilidade reducida poidan pintar e escribir,  pasapáxinas...etc.

No acto de entrega dos produtos estiveron presentes profesores e representantes do IES As Mariñas, a presidenta de ASPACE Coruña, Mª Carmen Barreiro, e o xerente, Ricardo Iglesias. “Este proxecto é unha mostra do que a tecnoloxía pode axudar ás persoas con parálise cerebral”, asegurou a presidenta.

Arquivada en:
A Asociación > Colaboradores

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia