Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

APOIO ÁS FAMILIAS

 

A emerxencia sanitaria provocada pola pandemia do COVID-19 provocou que a asociación tivese que reinventarse e adecuar moitos dos seus servizos, actividades e programas para poder seguir atendendo as necesidades das persoas con parálise cerebral e as súas familias.

 

Algunhas das iniciativas son:

 

- Programa de apoio psicolóxico: o equipo de Psicoloxía da asociación mantén contacto directo e diario tanto coas persoas con parálise cerebral que están na Residencia como as que están nas súas casas, para acompañalas e axudalas durante toda esta etapa de confinamento. No caso da Residencia, realízanse tamén videochamadas coas familias para que os/ as residentes manteñan ese contacto habitual. Tamén se realiza apoio psicolóxico aos traballadores/as que así o demanden.

 

- Acompañamento ás persoas con parálise cerebral: mantense contacto diario coas persoas con parálise cerebral que están nas súas casas, tentando dar resposta a calquera necesidade que poidan ter. Apoio emocional a todas as persoas usuarias que o necesiten, estáselles explicando a situación pola que estamos a pasar, sempre adaptándonos ás capacidades de cada persoa, e estánselles dando pautas de relaxación para poder conciliar mellor o soño e diminuír os niveis de ansiedade que está a provocar o confinamento.

 

- Programa de acompañamento a familias: o departamento de Traballo Social realiza este programa mantendo un contacto telefónico frecuente coas familias e ademais elaborou unha recompilación da lexislación durante esta emerxencia sanitaria, que podes consultar e descargar no noso apartado de Documentos.

 

- Reunións virtuais do Grupo de Familias: retomáronse os Grupos de Familias a través de videoconferencia, para poder manter o contacto directo grupal con pais, nais, irmáns/ as… e falar xuntos sobre como están a levar esta situación e outros temas de interese, como o uso e colocación dos diferentes Equipos de Protección Individual ( EPIs), entre outros temas.
 

      Imprimir
         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia