Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Noticias 

© ASPACE Galicia | 09/03/2023 | Cartel exposición `Yo Decido' en Galicia.

ASPACE Coruña leva a exposición 'Yo Decido' a Sada


Son 26 imaxes sobre a vida independente de persoas con parálise cerebral e poderán verse do 13 ao 27 marzo na Casa da Cultura Pintor Llorens

09/03/2023 | Sada

O ano 2023 comeza cunha nova exposición de fotografía do Movemento ASPACE: “Yo Decido”, coa que queremos reivindicar a vida independente das persoas con parálise cerebral e grandes necesidades de apoio.

ASPACE Coruña exporá esta mostra na Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada do 13 ao 27 de marzo, e estará aberta ao público de luns a venres de 9.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h. e os sábados de 10.00 a 13.00 h.

Son un total de 26 imaxes realizadas pola fotógrafa Leticia Hueda que contan as historias de catro persoas con parálise cerebral. Así, seguimos a Ana nun día de compras, a Sebas no día que lle entregan as notas finais na universidade e celébrao cos seus amigos, a Ana Belén na súa residencia xunto á súa parella e compañeiros e a Rodrigo no seu traballo na axencia de emprego do Concello de Madrid.

Esta exposición viaxará a 14 cidades españolas da man das entidades ASPACE e e é unha excelente oportunidade para que persoas sen relación coa parálise cerebral poidan achegarse e coñecer máis de preto esta pluridiscapacidad. A mostra conta coa colaboración da Fundación Sacyr, así como do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e Fundación ONCE.

A exposición de fotografía itinerante ASPACE leva a cabo cada ano con distinta temática e imaxes, co fin de lograr unha maior visibilidade do colectivo da parálise cerebral na sociedade.

Arquivada en:

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia