Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Noticias 

© ASPACE Coruña | 08/04/2022 | I Premio Boas Prácticas en Servizos Sociais da Deputación de A Coruña.

ASPACE Coruña recibe o I Premio Boas Prácticas en Servizos Sociais polo proxecto Talentos Inclusivos

A presidenta de ASPACE Coruña agradeceu este galardón por esta iniciativa que pon a tecnoloxía e a innovación ao servizo das persoas con parálise cerebral

08/04/2022 | A Coruña

 

ASPACE Coruña recibiu o I Premio Boas Prácticas en Servizos Sociais de mans da Deputación da Coruña, que destacou a aposta desta iniciativa da asociación para crear adaptacións e deseños tecnolóxicos que fagan máis fácil, e sobre todo, máis feliz a vida das persoas con parálise cerebral.

No acto de entrega dos premios, celebrado en  Expocoruña, ASPACE Coruña recolleu este galardón xunto a outras dúas entidades sociais, Nuestra Señora de Chamorro e  Utaca.

O proxecto de Talentos Inclusivos, que ASPACE Coruña desenvolve xunto ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da  Universidade da Coruña, co apoio do Consello Social da UDC e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, ademais do respaldo da Consellería de Educación, conta coa participación de máis de 200 persoas, un traballo en equipo entre persoas con parálise cerebral, alumnado de 11 centros de secundaria, profesores, e profesionais de ASPACE Coruña e o  CITIC.

Con esta iniciativa, que este curso cumpre xa a súa segunda edición, alumnado de centros de secundaria deseña e crea dispositivos que melloren a mobilidade, a comunicación e a participación das persoas con parálise cerebral, importantes retos tecnolóxicos como  pulsadores, ramplas portátiles elaboradas con impresión en 3D, ou mandos adaptados, entre moitos outros, todos eles retos expostos polas propias persoas da asociación.

“Estes retos cambiáronlles a vida a moitas persoas da nosa asociación. Son persoas que teñen moito que achegar e queremos darlles todas as ferramentas posibles para que o consigan”, asegurou a presidenta de ASPACE Coruña, Mª Carmen Barreiro, quen destacou ademais que “as súas grandes capacidades e o seu afán de superación dannos unha lección de vida cada día”.

 

Arquivada en:
A Asociación > Certificacións e recoñecementos

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia