Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Noticias 

ASPACE Coruña renova o seu convenio de colaboración con Arteixo

O Concello aportará 8.000 € á asociación para apoiar a súa actividade na atención ás persoas con parálise cerebral do municipio

05/11/2020 | Arteixo

ASPACE Coruña renovou o seu convenio de colaboración co Concello de Arteixo. A irectora xerente da asociación, Sonia Ruiz, asinou esta mañá de forma telemática este acordo coa concelleira de  Igualdade,  Servizos  Sociais,  Sanidade e Educación, Inés Ramos Álvarez.

Este convenio, por importe de 8.000 euros, permite á asociación recibir o apoio do Concello de Arteixo para a atención de persoas con parálise cerebral dese municipio.

Desde a asociación queremos agradecer e poñer en valor estas grandes alianzas cos concellos da comarca, para poder seguir traballando para mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral.

 

Arquivada en:
A Asociación > Colaboradores

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia