Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Persoas usuarias

 

A nosa asociación presta servizos e tratamentos a persoas con parálise cerebral e discapacidades afíns. As máis das 120 persoas que atendemos teñen asociados importantes déficits sensoriais e intelectuais, o 99% deles son totalmente dependentes para satisfacer as súas necesidades básicas. O número de persoas usuarias experimentou un importante ascenso dende a creación da asociación, sobre todo tras a posta en marcha da Residencia I (ano 2001) e Residencia II (ano 2010).

 

 

As persoas con parálise cerebral que atendemos repártense entre Centro Educativo, Centro de Día e Centro Residencial, onde reciben unha atención individualizada adaptada ás súas necesidades e capacidades (algúns residentes son tamén alumnos do Centro Educativo).

          

As persoas usuarias tamén se distribúen segundo a súa idade:

  • Centro Educativo: de 3 a 21 anos
  • Centro de Día/Residencia: de 16 anos en diante

 

Podes contactar con nós chamando ao 981 61 03 12 (de luns a venres de 10.00 a 17.30 h) ou escribíndonos a aspacecoruna@aspacecoruna.org.

      Imprimir
         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia